Desde o adarve

Hoxe quero mostrarvos o que captou a miña atención durante os meus paseos polo adarve da muralla. O meu propósito é achegarvos unha visión distinta do monumento á que nos adoitan presentar nos folletos de turismo.

A muralla de Lugo forma parte da vida dos lucenses; de cativos, levábannos a correr os mestres (algúns faciamos trampas baixando no seguinte acceso ao adarve e atallando polo centro); andando o tempo serviunos para, amparados pola noite, iniciarnos nas prácticas amorosas; agora é un bo circuíto para manterse en forma e, como non, para facer fotos.


Adarve 017

A primeira imaxe forma parte dun proxecto que, de momento, desbotei: capturar a vida cotiá dos veciños que habitan ao carón da muralla. Velaquí unha mostra.

TEMAS.

Esta é unha foto rescatada do meu arquivo do ano 2003, pertencente a unha serie sobre a muralla que me encargaron para ilustrar un catálogo con textos literarios. Cantas citas terán como punto de partida estes arcos?

Adarve 016O corredor pantasma

Adarve 006

A dona ábrelle a ventá para que saia a dar o seu paseo cotián; cando quere, que para iso é gato, volve á confortabilidade da casa; sitúase no punto de arranque, calcula a distancia e traballo feito!

LUGARES.

Cando neva en Lugo a xente percorre o adarve tinxido de branco, coma se fose un biscoito con azucre glass.

Adarve 007

A este edificio viña cando era cativo a ver a miña nai no seu traballo; daquela, este lugar non tiña ollos. Agora é o silencioso vixía do adarve.

Adarve 002

Dúas estampas que podemos atopar dende o adarve cara ao interior en cuestión de tan só dez pasos. O abandono da propiedade privada é desolador.  Aínda temos sorte de seguir sendo Patrimonio da Humanidade.

Adarve 004

Non lembro onde vira antes unha foto semellante, pero gustoume e, co seu permiso,  “roubeille” a idea.

Adarve 003

Esta é unha das últimas torres que se reconstruíron na muralla. A cuestión é que lle deixaron esta abertura, imaxino que con rigor histórico. Gústame espiar á Ronda a través dela.

Adarve 013

Deste encadramento atraeume a forza  das marcas pintadas na estrada (frechas e illotes) e a presenza desa furgoneta amarela cirulando solitaria pola ronda da Muralla.

Adarve 014

Quen lembra cantos anos leva aquí este esqueleto?

Adarve 019

O can vive aquí na soidade desta horta abandonada; sempre mira con cara tristeira a xente que pasa, mentres agarda a que a morte o leve sen sabelo. Deberían meter o seu dono aí unhas horas, a ver como se sentiría el.

Adarve 018

Despídome  con esta perspectiva dunha das portas máis coñecidas, a de San Pedro ou Toledana. Despois de varios minutos facendo fotos no mesmo punto con distintos encadramentos, ese grupo de persoas detívose e outras dúas pasaron, unha por cada lado das torres, e por fin logrei a composición que buscaba.

A Muralla atende, discreta, á vida lucense.

3 opiniones sobre “Desde o adarve

  1. Pero qué bonito!! Non cansa miralas!!
    Noraboa e un besote, guapo!

  2. originales perspectivas, esta interesante, javi

    1. Gracias Javi, o que quería e que fosen distintas das de sempre.

Deixar un comentario

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close