Xente de aquí e de acolá
Outra das miñas grandes paixóns é fotografar as xentes e seres que vou atopando alá onde vou. Xentes coma o mago Merlín de Mondoñedo, sen dúbida un dos grandes personaxes de Mondoñedo.
Outro dos personaxes desta sección é o deus Baco do Arde Lucus, outro grande do casco histórico de Lugo. Tamén figuran nesta galería as “Marías” da Alameda de Santiago, ás que sorprendín participando nunha multitudinaria manifestación; os amantes de Santiago; os aloitadores do Sabucedo; os Cigarróns de Verín; demáis bichería… e, como non, a atención ao meu obxectivo do inesquecible Isaac Díaz Pardo.