Casamos!
Cada momento conta neste día tan especial para vós; por iso retratarei ata o máis mínimo detalle da vosa festa.
Os protagonistas sodes vós
Vós sodes os protagonistas e vós elixides: a reportaxe pode ir dende o estilo fotoxornalístico, no que capturo as imaxes máis espontáneas, ata o máis clásico, no que vos pedirei que xoguedes a ser modelos posando diante da cámara. O número de sesións tamén é elección vosa: pode ser unha única o propio día do enlace ou unha tripla, que inclúe unha previa á voda, outra durante a cerimonia e a última, á volta da vosa viaxe. Gústame coñecervos antes do enlace, co fin de que vos sintades máis cómodos durante a fotorreportaxe.
Cal é o formato que máis vos gusta?
Romántico, innovador, divertido, clásico, solemne, emotivo… Álbum clásico ou dixital, arquivo fotográfico, fotopresentación coa vosa música favorita… O mundo é un lugar cheo de posibilidades. Elixide o estilo que máis se adapte ao voso gusto.