Publicado por: caixadeluz75 | 29 Maio 2014

You know Carcosa?

“Creo que a conciencia do ser humano foi un tráxico paso en falso da evolución. Volvémonos demasiado conscientes de nós mesmos, a natureza creou un aspecto separado dela, somos criaturas que non deberiamos existir de acordo coa lei natural. Somos cousas que funcionan baixo a ilusión de ter un ser propio, unha acumulación de experiencias sensoriais e sentimentos, programada para asegurármonos que somos alguén, cando en realidade ninguén e ninguén. Quizais o máis honorable que poderiamos facer como especie é negar esa programación, deixar de reproducirnos, camiñar da man cara á nosa propia extinción, unha derradeira noite, irmáns e irmás, excluíndonos voluntariamente dun contrato inxusto.”
Rust Cohle sobre a conciencia humana, True Detective

You know Carcosa ? A pregunta clave que a muller negra lle formula ao detective Rust Cohle ecoou na nosa cabeza cando descubrimos este lugar. Carcosa é o lugar temido de True Detective, a serie que rematamos de ver hai unhas semanas, e esta é a lagoa de San Martiño, a carón da praia de Marouzos en Ortigueira (A Coruña). A semellanza entre os pantanos de Lousiana, onde se desenvolve a trama desta marabillosa serie, e a lagoa coruñesa é abraiante.

Este sinuoso paseo de madeira está construído enriba da lagoa e, seguindo as súas curvas,  lévate ata o seu corazón.

Carcosa 001

Aquí vos deixo esta montaxe de 12 fotografías para que vexades con amplitude este fermoso lugar.

Carcosa 002

Este é o mesmo sitio nunha unha soa instantánea. A min case me gusta máis esta…

Carcosa 003

Un manto branco de pole cubría a superficie; ata se podía ver como caía, coma se fosen folerpas de neve. Coma sempre, paramos un momentiño a escoitar, mirar, sentir…

Carcosa 004 bis

Carcosa 005

Na serie, Carcosa é un lugar misterioso e terrible, pero as orixes do termo hai que buscalas moito máis atrás. A primeira aparición data de 1891 na novela Un habitante de Carcosa, de Ambrose Bierce, na que é unha cidade alieníxena situada nun cúmulo estelar da constelación de Tauro. Tres anos máis tarde, foi utilizado por Robert W. Chambers no libro The King in Yellow na que Carcosa é unha misteriosa cidade de altas construcións negras, con moitas posibilidades de que sexa maldita. True Detective, entre outras cousas, é unha homenaxe a esta obra, xa que The King in Yellow aparece varias veces na serie como un misterioso personaxe.

Carcosa 006

Carcosa 007

Como despedida, déixovos outra comparativa dunha fotomontaxe e unha soa foto, que foron tomadas tamén desde o mesmo sitio.

Carcosa 008

Carcosa 009

Recoméndovos tanto a serie como a visita á Carcosa galega, a lagoa de San Martiño. Coidado con atoparvos co rei amarelo!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Blog del Fotógrafo

Trucos y consejos sobre fotografía, para principiantes, aficionados y profesionales

Un país en lata

Culture, politics, media, icons & other Galician facts and topics

%d bloggers like this: