A primeira vez que me atrevín coa cámara foi en 2001, cando traballaba como axudante de produción na rodaxe dun documental. Dende entón, metéuseme o “bicho” e xa non puiden parar. Traballos de fotoxornalismo, fotografía de eventos, vodas, bautizos, comuñóns, fotos para diversas publicacións… están no meu currículo. Apaixóname a fotografía natural, porque tamén me apaixona viaxar, pero o mundo laboral trae ás veces propostas inesperadas e acadei moita experiencia na preparación de escenas fotográficas. Ao longo da miña traxectoria como axudante de produción e operador de cámara en diversas produtoras audiovisuais, aprendín moito de iluminación e son, o que me axudou a obter outra perspectiva no mundo da fotografía. En 2011 tomei contacto co mundo do ensino impartindo cursos de iniciación á fotografía para adultos e resultou ser unha experiencia moi interesante.
Agora comparto con vós esta caixa de luz, na que gardo unha pequena parte dese traballo e que irei actualizando porque espero non parar nunca de facer fotos.
muy buenas fotos si señor