Publicado por: caixadeluz75 | 18 Setembro 2013

O Tombo

 “Hai algo no xeneroso e abnegado amor dun animal que chega directamente ao corazón daquel que con frecuencia probou a falsa amizade e a fráxil fidelidade do home.”

O gato negro, Edgar Allan Poe

Tombo ou a empatía con seres non-humanos

Dedicado aos nosos amigos Rodríguez Gavín

Tombo chegou por casualidade, como acontece moitas veces coa presenza dun animal doméstico na vida. Súa nai tivo a sorte de parir os fillos protexida no fogar dunha grande amiga, que con infinita tenrura se encargou de coidalos e entregalos no tempo biolóxico adecuado a diferentes amigos e veciños. Uns deses amigos fomos nós e un deses cachorros é Tombo, bautizado así na honra do lugar de Riotorto onde naceu.

Partiamos de moi pouca experiencia no coidado de gatos pero fomos comprendéndoo pouco a pouco e desbotamos enseguida todas as malas lendas que a miúdo chegan, nin sequera sei de onde, sobre estes fermosos animais. Hoxe é case un adulto e vive no Baixo Miño, cos meus pais, convertido nun membro máis da casa… pero só cando el quere.

Neste novo post compartimos con vós algunhas das fotos que lle fai Miguel e o certo é que nunca resulta moi doado porque, como bo cachorro, é difícil que estea quieto.

Tombo&Bros 001Este é un dos irmáns de Tombo, o día que fomos visitar a camada.

 Tombo&Bros 002Tombo é o da esquerda; ninguén de nós sabía que ía ser el a nosa nova mascota.

Tombo&Bros 003Eses ollos verdes mudaron na cor do mel.

Tombo&Bros 005O primeiro día na súa nova casa estivo fuxido toda a tarde, aterrorizado, ata que atopou este “literario” agocho e alí pasou o resto do peor día da súa vida.

 

Tombo&Bros 007Instalado no seu novo fogar…

 

Tombo&Bros 008Tombo&Bros 012

Tombo&Bros 010Xa é o rei da casa.

Tombo&Bros 004Dende o alto de calquera lugar axexa, contempla, observa, cotillea, caza…

Tombo&Bros 006O xogo é para el como o aire que respira.

Tombo&Bros 009É tempo de durmir, ou non?

Tombo&Bros 011Descubrindo novos mundos.

 Tombo&Bros 014Hora de irse.

Tombo&Bros 013Ata pronto!

Texto: Alexandra Cabaleiro

Fotos: Miguel Blanco


Responses

  1. Texto y fotos geniales, Tombo adorable.

  2. Fermosas palabras e fermosísimas fotos. Parabéns. Vicente Quiroga.

  3. Estes gatos así de pequenos son adorables… Eu tamen teño un así e non se cansa de xogar comigo.

  4. Que fotos tan liiiiiiiiiiiiindas!!! Felicidades!!🙂

  5. Preciosas fotos y buen texto. Menudo tandem!! Enhorabuena
    Saludos!

  6. muy guapas las fotos y el texto, enhorabuena!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Blog del Fotógrafo

Trucos y consejos sobre fotografía, para principiantes, aficionados y profesionales

Un país en lata

Culture, politics, media, icons & other Galician facts and topics

%d bloggers like this: