Publicado por: caixadeluz75 | 28 Decembro 2012

Butoh no Museo de Lugo

Hoxe quero amosarvos un espectáculo de danza Butoh que tivo lugar no claustro do Museo Provincial de Lugo a cargo do grupo Herdanza no marco do Festival Kojoteki.

Butoh 01

Textos: comentarios propios e extractos da exposición do Festival Kojoteki organizado pola Asociación 3 Monos.

“A danza Butoh nace no Xapón cara a finais dos anos 50, nunha sociedade e cultura en crise que, trala Segunda Guerra Mundial, o horror nuclear e a ocupación americana, busca unha nova significación do ser humano e a vida.”

Butoh 03

Butoh 07

“Das rupturas que supón o Butoh nacen, porén, as grandes conexións que tamén establece. Por unha banda, o Butoh afunde as súas raíces na tradición cultural e ancestral xaponesa, rescatando certos aspectos do teatro-danza Kabuki e do teatro Noh. Por outra banda, tamén incorpora elementos extranxeiros, e así bebe de certas vangardas europeas, como o surrealismo, o dadaísmo e, sobre todo, o expresionismo alemán.”

Butoh 04

Butoh 09

“Un dos elementos que o Butoh rescata da cultura xaponesa é a fonda relación coa natureza. Nun momento de industrialización rápida da sociedade, que trouxo consigo a destrución de paisaxes e modos de vida, e ante a imposición dunha visión do mundo mecanicista, o Butoh plantexa o vencello do ser humano e a natureza.”

Butoh 10

Butoh 08

“Por unha banda, supón unha aproximación aos principios da vida que, en verbas de Tatsumi Hijikata, un dos fundadores da danza Butoh, se poden resumir así:

‘Unha e outra vez renacemos. Non é suficiente ter nacido [nacer] simplemente do útero materno. Son necesarios moitos nacementos. Renacer sempre e en cada lugar. Unha e outra vez’.”

Butoh 14

Butoh 15

“A  palabra ‘butoh’ está composta por dous conceptos, dous ideogramas chineses: bu e to. Bu significa xirar e to dar un paso forte na terra. Os xiros e movementos circulares son comúns en moitas danzas tradicionais e, neste caso, aluden á apertura cara ao ceo. O paso forte é necesario para que o espírito, que vén da terra, tome posesión do corpo. A danza existirá mentres o espírito habite o corpo e finalizará cando se vaia. Neste punto reside unha das diferenzas fundamentais entre Occidente e Oriente no que á concepción do corpo (e, por tanto, da danza) se refire: o movemento non é a expresión da propia individualidade, senón que comunica na medida en que se abre á alteridade.”

Butoh 17

Butoh 18

Unha das frases que máis me gustou foi a do mestre destas rapazas, Matilde (Javier Ciria), o día da presentación do festival: “En cuanto entré en Lugo por la autovía, con esos montes (facía alusión a Pedrafita do Cebreiro) y esa gama de mil verdes que tenéis, me dije: Esta tierra huele a Butoh, está para ser bailada.”

Butoh19

O lugar era precioso pero a luz era moi escasa; os fotógrafos que alí estabamos dabámoslle a cabeza sen parar. E a miña cámara, que nas luces baixas non se defende nada ben, pobriña, que mal o pasou! Pero a estética da danza Butoh e o pausado dos movementos por momentos convértena nun espectáculo moi apetecible para a fotografía.

Agardo que vos guste o resultado. Se vos pasa un espectáculo de danza Butoh preto, achegádevos a velo; pode ser descoñecido e diferente, pero é moi atractivo. A cultura ten que circular!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Blog del Fotógrafo

Trucos y consejos sobre fotografía, para principiantes, aficionados y profesionales

Un país en lata

Culture, politics, media, icons & other Galician facts and topics

%d bloggers like this: