Publicado por: caixadeluz75 | 5 Novembro 2012

Cartografía en movemento

Texto: Xandra Cabaleiro

Fotos: Miguel Blanco

Cartografía en movemento, poesía visual para espertar a conciencia

Angélica Liddell (Figueres-Girona, 1966): dramaturga e actriz que emerxe na década dos 80 do século pasado. Como autora teatral intérnase no lado máis escuro do ser humano: a loucura, o sexo, a violencia, a guerra, a morte… son temas que a obsesionan e que reflicte con crueza e sen concesións tanto nos seus escritos como nas súas postas en escena: Suicidio de amor por un difunto desconocido (1996), Perro muerto en tintorería (1999) o la Trilogía. Actos de resistencia contra la muerte (2007), que incluye los textos “Y los peces salieron a combatir contra los hombres”, “Y como no se pudrió… Blancanieves” e “El año de Ricardo”, son algúns dos títulos que conforman o seu currículo.

María Grandío, Mar Freire e Nieves Neira: integrantes da asociación Tres Monos. Actrices, bailarinas, poetas… Estas tres artistas lucenses son as creadoras do festival Cartografía en movemento, unha interesante iniciativa que se estreou na primavera de 2012 e que desexamos que teña continuidade. A este proxecto sumouse un grupo de profesionais que presentaron microespectáculos de danza e teatro cun obxectivo común: “invadir” os espazos públicos da cidade lucense. As prazas, as rúas, os parques, o adarve da Muralla… transformáronse en escenarios improvisados e os viandantes convertéronse en público espontáneo que deixou por uns intres o seu ir e vir de compras, paseo e cafés rutineiros para mirar, curiosear, criticar, rir ou espantarse… diso tratábase.

Presentámosvos algunhas das imaxes captadas por Miguel no mercado de Lugo, o escenario elixido por María, Mar e Nieves para levar a cabo a súa proposta. Cos pés espidos, ofreceron a súa persoal adaptación do texto  ¿Y como no se pudrió… Blancanieves?  A intervención resultou inquietante e perturbadora, por momentos non apta para o público infantil.

Sementando a terra…

Mensaxes de socorro no medio do terror dunha guerra calquera: medo, frío e fame

O destino das mulleres converxe aquí.

A muller pare unha sandía zumenta, convertida aquí nun enxendro sanguinolento, non desexado. A traxedia do parto nunha contorna infeliz, famenta, desgarradora: non recomendado para todos os públicos.

A loita pola supervivencia, non hai para todos.

A fin da historia, resignación, fatiga.

O Mangiarte colga o seu cartel de pasta fresca: realidade e ficción en tempo real. Mercar raviolis tras o espectáculo remove algo dentro de nós.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Blog del Fotógrafo

Trucos y consejos sobre fotografía, para principiantes, aficionados y profesionales

Un país en lata

Culture, politics, media, icons & other Galician facts and topics

%d bloggers like this: