Publicado por: caixadeluz75 | 26 Outubro 2012

Natureza ao pé da cidade

Neste artigo quero mostrarvos algunhas imaxes do que para min é un paraíso natural a carón da cidade de Lugo. Trátase dos paseos do Miño e, en especial, a ruta circular (de 2 horas aprox.) que sae desde a ponte vella romana seguindo pola beira do río ata a ponte da antiga depuradora. Alí cruzamos o río e volvemos pola outra beira. Gran parte do traxecto percorrémolo entre amieiros e bidueiros na primeira liña de ribeira, e carballos e castiñeiros en canto nos afastamos un pouco da beira. Nesta época o camiño está ateigado de landras e ourizos de castaña e o chan comeza a cubrirse de follas. Se es un asiduo a este paseo coma min e tes un pouco de sorte poderás ver garzas ou cormoráns e, cun chisco máis, corzos ou lontras.

A miña andaina parte da ponte romana polo medio do parque que chega ata a antiga fábrica da luz. Este lugar é moi frecuentado polos lucenses todo o ano. A xente pasea, fai deporte, baixa cos pícaros a xogar… infinidade de actividades que nos brinda a natureza en estado puro dentro da cidade. Lémbrovos que Lugo está dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, unha das poucas cidades incluídas nesta categoría.

Pero desta volta vou calar e non vos molesto máis coa miña redacción. Aquí vos deixo as imaxes:

Como puidestes observar, é unha andaina ben fermosa e que na miña opinión  non ten a notoriedade que debería ter, aínda que un xa non sabe o que sería mellor.


Responses

  1. Hola Miguel, parece que es una caminata muy guapa, un autentico paraiso para los Lucenses y quienes lo quieran disfrutar, y tus fotos ensalzan la belleza del lugar. Estan muy guapas, es un buen fotoreportaje, a ver si te contrata el ayto para hacer un folleto o sitio web para divulgar el paseo….y la nutria, no es muy dificil conseguir hacerles una foto? como lo hiciste?
    taluego,
    Javi

    • Fué un golpe de suerte, aunque tengo que decir que ya la viera os días antes de hacerle la foto. Así que iba ojo avizor por si me volvía a salir. Pero lo más sorprendente fúe donde la encontré ya que estaba bastante alejada del río y se puso a correr campo a través que nunca viera tal cosa. Bueno para mi fué vibrante verla por todo lo que conlleva (dificultad para verla, verificación del buen estado del río por su existencia…) y entonces quise compartirlo con un señor que llegó al rato, pero este me miró como si estuviese mal de la cabeza. Bueno en fin no a todo el mundo le emocionan las mismas cosas.

      • pues si, hay gente para todo, y gento poco sensible…pues tuviste tu recompensa por ir ojo avizor, en la segunda foto creia q ya no la veias…
        bueno primo, nos vemos y suerte consiguiendo proyectos.
        Si alguna vez necesitas algo de diseño grafico para algun proyecto, acuerdate de mi, probablemente este interesado y te hago un buen precio.
        salduos,
        javi


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Blog del Fotógrafo

Trucos y consejos sobre fotografía, para principiantes, aficionados y profesionales

Un país en lata

Culture, politics, media, icons & other Galician facts and topics

%d bloggers like this: