Publicado por: caixadeluz75 | 16 Xullo 2012

Curso de fotografía dixital (I)

Como escoller a vosa cámara

Para a persoa que se achega por primeira vez á fotografía dixital é unha elección moi importante. Temos que ter moi claro que é o que queremos obter dela. Dependendo do momento, será mellor unha ou outra. Por comodidade, está claro que a mellor cámara que podemos levar será aquela que menos ocupe e menos pese, pero tamén terá que cumprir coas expectativas da nosa compra.

Pasamos agora a ver os pros e os contras das distintas cámaras do mercado. Analizaremos tres tipos: compactas, réflex ou DSLR e as novas mirrorless ou EVIL. Decidín non incluír nesta selección as cámaras Bridge, xa que non me convencen; ofrecen a mesma calidade que unha compacta e o seu tamaño non resulta nada funcional.

Cámaras compactas

Ao seu favor teñen que son as máis pequenas e lixeiras, polo que non dá preguiza levalas a ningún sitio. No caso de perda, roubo ou esnaquizamento non supón un custo económico tan alto coma nas outras. Son capaces de sacar grandes fotos, por pouco que nos interesemos por saber manexar todas as súas aplicacións.

Na parte dos contras destacaremos que teñen limitacións á hora de traballar con ela en modo manual e non conseguen algunhas cousas que coas outras si que o conseguides. Outra desvantaxe é que as ópticas son de peor calidade e, sobre todo, que non se poden intercambiar.

 

Finalmente, outra eiva importante é o tempo de reacción desde que premes o disparador. Este tempo mellorouse ostensiblemente, sobre todo coa ráfaga. Pero aínda así non é inmediato coma nas réflex e iso é un gran inconveniente, xa que na fotografía captar o momento preciso é moi importante. Unha cara pode expresar cousas ben distintas en fraccións de segundo e podedes perdelas por non dispoñer dun tempo de reacción inmediato cando premedes o disparador.

Aquí tedes unha ligazón cunha das páxinas para comparar cámaras da rede:

http://www.dzoom.org.es/comparador-camaras-digitales.html

Cámaras mirrorless ou EVIL:

Estas cámaras son un novo produto do mercado que se caracteriza por non ter espello, a diferenza das réflex. Ao seu favor teñen que son pequenas e lixeiras como as compactas, aínda que non tanto. Tamén teñen o plus sobre estas de que teñen ópticas intercambiables, o cal che dará máis posibilidades á hora de encadrar e compoñer.  Dispoñen dun modo manual de disparo con máis posibilidades que as compactas, o que vos permitirá facer algunha cousa máis.

Non obstante, a súa fiabilidade está por demostrar, posto que acaban de emerxer no mercado, aínda que isto tamén implica que teñan marxe de mellora. O seu prezo tamen é outro handicap, xa que polos mesmos cartos podes mercar unha réflex amateur.

A velocidade de reacción desde que premedes o disparador ata que dispara segue a ser bastante máis longa que o das réflex e máis curto que o das compactas.

A fin de contas, para min, esta cámara é aconsellable para aqueles que xa teñen unha réflex e queren unha segunda cámara para levar de viaxe ou a sitios nos que o volume da réflex sexa un incordio.

Aquí vos deixo unha ligazón dunha páxina na que se fala polo miúdo das mirrorless:

http://www.digitalcamaralens.com/Html/Articulos/Camaras%20SLD/Camaras%20SLD%20-%201.htm

Camaras réflex

Se o que queredes é afondar no mundo da fotografía e acceder a un modo de disparo manual que vos permita modificar a velocidade de disparo e a cantidade de luz que pasa ao sensor da cámara, o que precisades é unha cámara réflex.

Os inconvenientes das cámaras réflex radican nos prezos e na incomodidade á hora de ser transportada nalgunhas ocasións. Para o resto sempre serán mellores estas máquinas que as dúas anteriores. Permitiranvos manexar por completo o proceso de disparo manual e así poderedes conseguir con facilidade efectos como o desenfoque selectivo, o de movemento, o varrido, o desenfoque de zoom, retratar a auga como se fose un manto de seda…, e dicir, teredes que facer vos a fotografía e a cámara só vos axudará a que esta saia con mellor calidade.

Hoxe en día poderedes atopar cámaras réflex a prezos razoables, podedes mirar na rede páxinas con comparativas. Aquí vos deixo un exemplo:

http://www.dzoom.org.es/comparador-camaras-digitales.html

Por último, se o que queredes é unha cámara que aguante todo tipo de condicións adversas e que incluso poida mergullarse, o que necesitade é unha cámara todoterreno. Aquí vos deixo unhas ligazóns con comparativas de diferentes tipos de cámaras de este sector:

http://www.xataka.com/fotografia/seis-camaras-de-fotos-todoterreno-para-pasar-un-verano-divertido-y-creativo

http://www.xatakafoto.com/analisis-y-pruebas/compartiva-con-las-compactas-todoterreno-mas-interesantes

http://haciendofotos.com/camaras-todoterreno/

Agardo que vos despexara algunhas dúbidas. O importante é que merquedes a cámara que máis se axuste ao que queirades e poidades.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Blog del Fotógrafo

Trucos y consejos sobre fotografía, para principiantes, aficionados y profesionales

Un país en lata

Culture, politics, media, icons & other Galician facts and topics

%d bloggers like this: