Publicado por: caixadeluz75 | 27 Xuño 2012

Mudanza SL

A miña vida en vinte caixas

Hoxe quero compartir con vós o vídeo realizado a base de fotogramas, no que recollo o proxecto ” A miña vida en vinte caixas”, creación de Mudanza, un grupo de danza contemporánea  lucense, do que forma parte a miña amiga Mar. Lembro que cando comezou neste mundo a min gustábame “pinchala” dicíndolle que para bailar danza contemporánea un só ten que pensar que é coma un campo de trigo abaneado pola forza do vento. Agora confésovos que desfruto véndoas actuar e moito máis sacándolles fotos. Esta actuación tivo lugar en Lugo no mes de abril dentro da programación dos encontros universitarios de danza da USC.

Teño que contarvos a verdade sobre este traballo. O que pasou foi que decidín utilizar a ráfaga para sacar as fotos da actuación, e como tiña unha tarxeta de alta capacidade na que cabían moitas fotos, pois iso mesmo fixen, moitas fotos. Despois, revisando o material na casa, a miña muller propúxome facerlles un vídeo e incorporarlles a música.  Entón púxenme mans á obra co Sony Vegas, deille a cada fotografía 40 décimas de segundo, escollín a canción Paperplanes de Mia e aquí vos deixo o resultado.


Responses

  1. Muy bueno Miguel!😉

    • Espero ter folgos, para sacar artigos no blog.

  2. gustoume

  3. Moi chulo, parabens Migue!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Blog del Fotógrafo

Trucos y consejos sobre fotografía, para principiantes, aficionados y profesionales

Un país en lata

Culture, politics, media, icons & other Galician facts and topics

%d bloggers like this: