Publicado por: caixadeluz75 | 21 Maio 2012

A miña caixa de luz

Creo que o máis xusto é que a primeira entrada deste blog sexa para explicarvos o porqué do seu título. Pensei que o máis apropiado sería un nome directamente vinculado coa fotografía, xa que esta é a súa temática, pero, ademais, quería un termo con sonoridade, con beleza… Despois de darlle moitas voltas, decidín aproveitarme dos meus amigos e organicei unha cea na casa onde fixemos o que en inglés se coñece como brain storming. Enchimos os azulexos da cociña de palabras cun rotulador e durante unhas horas aquilo foi un caos. Por fin, algún de nós apuntou Caixa de Luz. Sen dúbida, Caixa de Luz era o nome que andaba buscando.

Que é unha caixa de luz?



É unha caixa translúcida, que tanto se pode facer como mercar. Permite pasar a luz a través dela actuando como difusor; deste xeito, conseguimos transformar unha luz directa e forte nunha rebotada e máis suave, evitando así as sombras fortes e diminuíndo os molestos reflexos. Utilízase para fotografar pequenos obxectos (introducíndoos dentro da caixa) e o bo que ten é que podemos utilizar calquera fonte de luz (tanto profesional como caseira) axudándonos dun trípode para a cámara e modificando os balances de brancos da nosa cámara, para evitar as dominancias laranxas da luz de tungsteno. Poderemos acadar resultados moi bos sen necesidade de equipos de iluminación profesional.

O seu uso máis frecuente é para tomar fotografías de bodegóns (como vemos na páxina de arriba) ou para fotografar catálogos.

Con este vídeo titorial podedes aprender a facelas vós mesmos:

http://www.youtube.com/watch?v=–wO67tpj8I&feature=related

No caso de non ter tempo para facela tamén podemos mercar unha dende 15 euros; unha das diferenzas que existen entre mercadas e as feitas a man é que as primeiras se poden dobrar e ocupan moi pouco espazo.

Agora xa non tedes desculpa para dicir que non dades sacado esa foto sen os malditos reflexos. Como vedes, é ben doado.


Responses

  1. Moi instructivo este comezo, e o nome do blog, alén auna perfectamente as facetas funcional e poética da fotografía. Gústame. Será porque eu tamén usei a palabra luz no me proxecto empresarial…unha aperta!

  2. donde se merca a caixa de luz que aparece na foto ?

  3. Pois nas vacacions hei de probar a ver qué pasa…

    • Proba proba que e tan snixelo como parece, tamen hai algúns videos no youtube para facelos máis ou menos profesionais


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Blog del Fotógrafo

Trucos y consejos sobre fotografía, para principiantes, aficionados y profesionales

Un país en lata

Culture, politics, media, icons & other Galician facts and topics

%d bloggers like this: